HomesociedadeMelloras no equipamento da depuradora de Quiroga por 30.000 euros

Melloras no equipamento da depuradora de Quiroga por 30.000 euros

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, rematou os traballos de mellora da estación depuradora de augas residuais que dá servizo ao núcleo urbano de Quiroga, nos que investiu 28.800 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A depuradora dotouse de novo equipamento para mellorar o control e medición do caudal de auga residual entrante e de auga tratada. Así, incorporáronse senllos caudalímetros de entrada e saída, un contador electrónico e outros aparatos de comprobación do rendemento da instalación.

Así mesmo, incluíuse unha segunda bomba de apoio no pozo de bombeo de entrada para garantir o funcionamento da depuradora, xa que con só unha bomba poderían producirse danos, e mesmo verteduras, en caso de avaría.

O delegado territorial concreta, “ademais de evitar posibles vertidos por fallos no pozo de bombeo, conseguimos unha monitorización completa da planta, coa que se poden detectar posibles anomalías no funcionamento e resolvelas coa maior axilidade”.

Arias subliñou a importante colaboración que presta a Xunta ás Administracións Locais na planificación, execución e financiamento de infraestruturas hidráulicas de abastecemento, saneamento e depuración, que son servizos de competencia municipal básicos para a cidadanía.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...