HomesociedadeIncorpóranse ó servizo en Monforte 4 novos policías locais auxiliares

Incorpóranse ó servizo en Monforte 4 novos policías locais auxiliares

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente Alcalde e Concelleira de Facenda, Réxime Interior, Servizos Sociais e Discapacidade, Gloria Prada, recibiu ós 4 axentes auxiliares da Policía Local que veñen de incorporarse ó servizo na cidade do Cabe ata finais deste ano 2021.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nesta primeira toma de contacto, o Alcalde aproveitou para departir cos 4 axentes auxiliares sobre o funcionamento do corpo da Policía Local e outros aspectos relacionados coas súas funcións ó servizo dos cidadáns do conxunto do Concello. 

O rexedor monfortino recordoulles a súa responsabilidade como traballadores públicos dunha institución como é o Concello, e na que o servizo e o trato axeitado cos cidadáns son cometidos fundamentais no seu día a día.

Os catro auxiliares proceden todos da provincia de Lugo e, en concreto, dos concellos de Lugo, O Páramo, Chantada e Monforte.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...