Homesociedade3 novos policías locais como funcionarios en prácticas do Concello de Monforte

3 novos policías locais como funcionarios en prácticas do Concello de Monforte

Os tres novos axentes en prácticas da policía Local son Iván Pérez Nogueira, de O Carballiño, Francisco Cao de Jesús, de A Estrada e Adrián Conde Castro, natural de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tras dar por finalizado o proceso selectivo que tiña aberto o Concello de Monforte para a incorporación de 3 novos axentes ó corpo de Policía Local da cidade, o Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, nomeou como funcionarios en prácticas e recibiu ás tres persoas que superaron dito proceso selectivo. 

Nesta primeira toma de contacto, o Alcalde aproveitou para departir cos 3 axentes en prácticas sobre o funcionamento do corpo da Policía Local e outros aspectos relacionados coas súas futuras funcións na cidade e no conxunto do Concello. 

Os tres axentes iniciaron as súas prácticas onte luns día 12 no Concello de Monforte, e concluiranas o 5 de setembro. A continuación, incorporaranse á Academia Galega de Seguridade Pública de A Estrada para completar a súa formación, dende o 6 de setembro ó 22 de decembro. Para rematar, terán un último período de prácticas no Concello de Monforte dende o 23 de decembro de 2021 ata o 31 de xaneiro de 2021

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...