Homesociedade"Déixate guiar", a proposta de visitas guiadas na Pobra do Brollón

“Déixate guiar”, a proposta de visitas guiadas na Pobra do Brollón

Este xoves comezou a campaña de visitas guiadas de verán do Concello da Pobra do Brollón, baixo o lema ‘Déixate guiar’. No programa ofértanse ata finais de agosto cinco visitas para coñecer o patrimonio natural, cultural e arqueolóxico do concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As visitas vinculadas á arqueoloxía son tres: o Castro de San Lourenzo de Cereixa, Os Conventos en Vilachá de Salvadur e, como novidade deste ano, Penas do Castelo en Salcedo. Estas visitas divulgan as pescudas realizadas no marco dos seus respectivos proxectos de arqueoloxía en comunidade, incorporando datos e historias recollidos dos veciños.

A visita a Os Conventos compleméntase moi ben coa das adegas tradicionais de Vilachá, onde os visitantes poden coñecer o lugar e o viño da man de adegueiros locais.

Por último, a visita a Cova das Choias en Óutara permite coñecer o musgo luminescente, as colonias de morcegos e máis os seres mitolóxicos que habitan o lugar. Trátase dunha visita de acceso limitado para protexer a flora e fauna da cova.

“Volvemos apostar un ano máis por un turismo respectuoso e de calidade, que acompañe iniciativas comunitarias como os proxectos arqueolóxicos de Cereixa, Vilachá ou Salcedo e que apoie a economía local” comenta o alcalde, Xosé Lois Maceda.

Todas as visitas ofrécense baixo demanda, de mércores a domingo ás 11:00 horas, excepto a Cova das Choias que se ofrece unicamente sábados e domingos.

reserva é obrigatoria nos teléfonos 650 624 828 (para Os Conventos, Adegas de Vilachá e Penas do Castelo) e 674 939 673 (para Cova das Choias e Castro de San Lourenzo). Para máis información os interesados poden consultar a páxina web do Concello da Pobra do Brollón.

ÚLTIMAS

Feira do Viño de Pantón, unha cita para promocionar o municipio e os seus caldos

Na primeira xornada tamén visitaron o recinto feiral a directora xeral da Axencia Galega...

30.000 euros para o fomento da lectura nas bibliotecas de Lugo

Na Zona Sur foron beneficiarios de axudas para contratación de actividades a través do...

Comeza o reforzo do muro que permitirá reabrir a LU-P-1801 entre Os Peares e Chantada

A Deputación de Lugo está xa a reforzar o muro de sostemento que permitirá...

Quiroga celebra en maio o “Mes das Nosas Letras”

Tras o certame de narración e debuxo que está en marcha ata o día...