O xurado da VII Edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra dá a coñecer os 10 finalistas desta edición. O Concurso, promovido para incentivar o emprendemento, tiña prazo aberto para presentación de ideas ata o 30 de xuño. Desde entón o xurado avaliou as propostas presentadas para seleccionar as que mellor se adaptaban á filosofía da convocatoria. As ideas seleccionadas son:
- Castro Art Village // Uhna institución cultural, un campus artístico internacional de organización holística. Proyecto de arte, cultura, benestar e innovación situado na aldea abandonada do Castro, unha ubicación idílica nun miradoiro natural.
- Ultramarinos Mamasinda // Almacén cultural itinerante. O proxecto consiste nun vehículo mobil (furgoneta, camión ou autobús) que abasteza ás aldeas e vilas de cultura de forma continuada dentro dunha programación anual.
- Insectos Galicia // Un proceso de economía circular para poñer en valor o rural con proteínas e abonos sostibles e ecolóxicos.
- DataWine // Solución integral de hardware e software para asegurar a calidade e trazabilidade do viño, orientada a calquera tipo de adega. Flexible e precisa, está basada en IoT, e utiliza tecnoloxías como Big Data e IA.u.
- A libraría da Proencia // Venda e tenda on-line e física, nunha casa tradicional do centro de Proendos (parroquia do Concello de Sober), de libros, artesanía da zona, papelaría, postais e outros “souvenirs” relacionados coa contorna e a súa dinamización.
- Rehabilitación adega típica da Ribeira Sacra.
- Produción de cogomelos en biomasa forestal // Lepista nuda en follaxe de castiñeiros, Shiitake en tocóns de eucalipto, Sparassis en pinos.
- Aloxamento na Ribeira Sacra // Suites en cubas de viño.
- Beniu Solucións // Start-up de recente creación para dar novas solucións ao sector agroforestal e medio ambiental. Emprega drons para a realización de traballos técnicos relacionados con estes sectores.
- Turismo consciente: Ribeira Sacra // Plataforma móbil e web especializada na recomendación de experiencias e creación de plans de turismo na Ribeira Sacra, que nace co obxectivo de revolucionar o turismo a través da tecnoloxía.
Os finalistas veñen de recibir a comunicación de que foron seleccionados; agora deberán presentar o proxecto completo antes do 30 de setembro achegando arquivos PDF, mediante formulario na intranet de concursantes da web www.sementeribeirasacra.org.
Unha vez presentada a documentación, o xurado convocará aos finalistas para a exposición e defensa do seu proxecto (presencial ou telemáticamente segundo as posibilidades de desprazamento pola situación da COVID-19). O fallo do xurado darase a coñecer o día 16 de outubro do 2.021, sempre que as circunstancias o permitan.
O Concurso aumenta a dotación dos seus premios e para esta edición contarase cos seguintes premios:
- 1º Premio – 12.000€
- 2º Premio – 8.000€
- 3º Premio – 5.000€