HomesociedadeQuiroga valora suspender a XXXIX Feira do Viño debido á evolución da...

Quiroga valora suspender a XXXIX Feira do Viño debido á evolución da pandemia

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, e o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, presidiron este luns a Xunta Local de Seguridade, que se celebrou na Casa do Concello e na que tamén tomaron parte mandos da Garda Civil, o Subsector de Tráfico, a Policía Local e a Policía Autonómica. Na xuntanza, o alcalde comunicou que o goberno local valora suspender a XXXIX Feira do Viño debido á evolución da pandemia do coronavirus. A decisión definitiva tomarase nas próximas horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Isabel Rodríguez anunciou que a Subdelegación e o Concello acordaron, en todo caso, reforzar a seguridade esta fin de semana, en previsión de que puideran producirse aglomeracións de persoas.  Isabel Rodríguez manifestou que as forzas de seguridade do Estado colaborarán en todo o necesario e fixo un chamamento a toda a poboación para que cumpran as normativas decididas polas autoridades sanitarias.

A Xunta Local de Seguridade tamén examinou a situación da seguridade cidadá no concello de Quiroga, que, tal como reflicten as estatísticas da Garda Civil mantén unha taxa de criminalidade do 12,31‰, que é moi inferior á media da provincia (21,1), de Galicia (27,3) e de España (37,4). Aínda así, a subdelegada chamou a atención sobre o feito de que no ano 2020 a cifra de delitos experimentou un lixeiro incremento neste concello respecto ao 2019, pois pasouse de 33 a 39 infraccións penais. 

Rodríguez felicitou á Garda civil polo aumento na eficacia policial, que medrou 4,4 puntos, ao pasar de 54,5% ao 58,9%. En 2020, os axentes de Quiroga detiveron 6 persoas e investigaron outras 10 pola súa presunta implicación en feitos constitutivos de delitos. 

Isabel Rodríguez analizou tamén a evolución da violencia de xénero no concello de Quiroga. En 2020 rexistráronse un total de 3 denuncias por este motivo e no que levamos de 2021 hai 1. En 2019 foran 4 as denuncias por este motivo.  

Plans de seguridade

A subdelegada tamén informou da marcha dos plans operativos          que ten en marcha a Secretaría de Estado de Seguridade como son o Plan de Seguridade Ano Santo Xacobeo 2021 e os dirixidos a escolares e persoas maiores.

Rodríguez explicou que a crise sanitaria do coronavirus tivo impacto tamén no desenvolvemento destes plans, ao diminuír drasticamente a cifra de peregrinos, ademais de afectar á actividade académica e a colectivos especialmente sensibles como os maiores.

Este verán, ante a previsión do aumento de peregrinos que, no caso de Quiroga, se dirixan a Santiago a través do Camiño de Inverno, a Garda Civil ten despregado o Plan de Seguridade Ano Santo Xacobeo 2021.

En canto ao Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade escolar nos centros educativos, no curso escolar 2019/2020 realizáronse un total de 2actividades no IES de Quiroga e tiveron que suspenderse outras 7 que estaban programadas para o mesmo centro e para o CEIP de Quiroga. No curso 2020/2021 foron 2 as conferencias impartidas no CEIP de Quiroga, que trataron sobre os riscos da internet e as novas tecnoloxías e o problema da adición aos videoxogos. 

Respecto do Plan Maior de Seguridade, a subdelegada animou ao Concello a solicitar a celebración dalgunha actividade cando a evolución da pandemia o faga posible.

ÚLTIMAS

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...