HomesociedadeOs campamentos de verán de Quiroga van chegando ao ecuador

Os campamentos de verán de Quiroga van chegando ao ecuador

Corenta nenos e nenas participan nos Campamentos de Verán que un ano máis puxo en marcha o Concello de Quiroga. Non puideron entrar todos os nenos posto que había máis demanda que as prazas que autoriza a Xunta de Galicia baseada en medidas de prevención anti covid, polo que foi preciso ter en conta diversas circunstancias para dar preferencia de entrada como estar empadroado en Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os participantes contan cunha ducia de monitores voluntarios que traballaran no desenvolvemento das actividades e no coidado dos nenos participantes, tanto nas aulas como fóra delas.

A finalidade dos campamentos é a de poñer a disposición dos pais e nais traballadores unha alternativa para poder conciliar a vida laboral coa familiar, á vez que os nenos participan en distintas actividades.

O viño, o mel e o aceite produtos importantes para Quiroga tamén teñen o seu oco dentro dos campamentos, ademais doutras actividades como repaso escolar ou hábitos saudables. O deporte tamén é un tema importante posto que como todos os anos os nenos e nenas desenvolven actividades no pavillón municipal e cando o tempo o permite os campamentos rematan nas piscinas municipais. Será o 31 de agosto cando rematen estas actividades.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...