Dende o Consorcio de Turismo, impulsor da iniciativa, levan moito tempo falando da necesidade e da urxencia de protexer os tesouros que converteron a Ribeira Sacra no que é hoxe. O territorio acumula dez anos cun crecemento ininterrompido do sector turístico. “Nada ten que ver o destino que coñecemos agora co territorio que comezaba a crear unha marca 15-20 anos atrás. Sabemos que o crecemento non pode ser a calquera prezo, pero tamén hai temores aos efectos que pode xerar o feito de poñer límites,” aseguran.
Agradeceuse a predisposición do Concello de Parada de Sil por ser o primeiro en sumarse aos novos obxectivos que o Consorcio se fixa tanto con este plan de investimentos como co Pacto pola Paisaxe que tamén está en marcha gracias ao apoio da Consellería de Medioambiente, Territorio e Vivenda.
Desde o Consorcio afirman que esta iniciativa protéxese unha icona do patrimonio histórico da Paisaxe Cultural Ribeira Sacra á vez que se mellora a experiencia do visitante, apostando realmente pola sostibilidade.
O Presidente do Consorcio insistía en que esta iniciativa ten que ser, e vai a ser, “o comezo dun novo modelo que pretendemos estender a outros puntos do xeodestino que rexistran unha presión semellante ou que comezan a verse, por momentos, masificados. Para iso estase a traballar agora na tramitación dun plan de mobilidade de carácter global que irá definindo as estratexias máis axeitadas para cada caso concreto.”
O Plan de Sostibilidade, por importe de 2.000.000 de euros é financiado nun 42,5% pola Secretaría de Estado de Turismo, nun 42,5% pola Axencia Turismo de Galicia e nun 15% polo Consorcio de Turismo con apoio dos concellos e as Deputacións Provincias de Lugo e Ourense.
“Este Plan”, aseguran desde o Consorcio, “é o que nos dá a oportunidade de poñer en marcha este tipo de servizos, pois nin os concellos nin o Consorcio contan con recursos propios suficientes para afrontar, pola súa conta, estas medidas.”