HomesociedadeAMAFER amplía os seus locais cunha axuda de 10.500 euros da Deputación

AMAFER amplía os seus locais cunha axuda de 10.500 euros da Deputación

Vense de inaugurar a ampliación da sede que a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), ten na cidade do Cabe, unhas melloras que acometeu coa colaboración económica da institución provincial por importe 10.556€.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, firmou no libro de honra e puxo en valor o traballo que desenvolve o colectivo dende 1996 “para salvagardar e poñer en valor a memoria ferroviaria da capital da Ribeira Sacra” e engadiu que “polas vías do tren viaxou sempre o futuro de Monforte e da provincia de Lugo”. Apuntou que “ser amigo do ferrocarril implica orgullo do pasado, confianza no presente e desexo de seguir medrando no futuro” e sinalou que “como Presidente da Deputación de Lugo estou convencido de que seguiremos convertendo esta amizade en colaboración e en capacidade para traballar xuntos pola nosa provincia”. 

A Deputación de Lugo colaborou con AMAFER cunha axuda de 10.556€ para a renovación e ampliación do seu local. A reforma consistiu en unirlle ao actual inmoble un conxunto de estancias anexas que lle proporcionarán máis amplitude ao pasar dos 111,70maos 153m2. Os traballos permiten a esta entidade contar cun espazo máis diáfano e acondicionado para o seu centro de documentación e tamén para actividades como exposicións, conferencias ou concursos literarios que se organizan no local.

No acto tamén estiveron presentes o director xerente da Fundación dos Ferrocarrís de España, José Carlos Domínguez, e o director da Asesoría Xurídica e Vías Verdes, Jesús Benítez. Esta fundación, constituída en 1985 co fin de recuperar, custodiar e difundir o patrimonio ferroviario, cedeu a AMAFER nove cadros de gravados que, tal e como explicaron os seus responsables, “son auténticas xoias con temática ferroviaria, pertencen á colección da fundación e foron cedidas polo coleccionista e propietario das obras, Luis Díaz Guerra”.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...