HomesociedadeRavioli ruso gaña o XI Concurso Quiroga de Tapas

Ravioli ruso gaña o XI Concurso Quiroga de Tapas

Ravioli ruso, do café – bar Matrioska, foi a tapa gañadora da novena edición do Quiroga de Tapas. A apertura das urnas e o reconto de votos realizábano o concelleiro de xuventude, Luis Manuel Arias, e a representante da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería de Lugo, Beatriz Vila.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dende o domingo día 11 de xullo ata o venres día 23 puideron degustarse as nove tapas dos nove establecementos que participaron nesta edición. Como novidade deste concurso, os tapacartóns, a disposición dos clientes en todos os establecementos participantes, levaban un código QR que servía para identificar os establecementos participantes, a súa localización e a tapa coa que concursaban, que incluso podía valorarse con ata 5 estrelas.

As bases do concurso  mantivéronse como en anos anteriores polo que foron os propios consumidores os que decidiron coa súa votación cal era a tapa gañadora. Para elo tiñan que poñer o nome da tapa que eles consideraban merecedora do premio no tapacartón, debidamente selado por todos os establecementos que concursaban. Os selos de cada establecemento conseguíanse cada vez que o cliente degustaba a tapa concursante. Con 43 votos a favor a tapa gañadora foi a do bar Matrioska, Ravioli ruso.

No tapacartón tamén tiñan que poñerse os datos da persoa participante para que unha vez contados os votos se puidese facer un sorteo. Todos os concursantes, cos tapacartóns debidamente cubertos, entraron no sorteo de moitos premios que van desde os 300 euros en metálico ata cestas con produtos típicos da zona, pasando por comidas ou ceas para dúas persoas en distintos establecementos locais e da Ribeira Sacra, a estancia nunha hospedería ou un paseo a cabalo.

O concelleiro de xuventude e a representante da hostalaría desprazábanse ata o establecemento gañador para facerlle entrega dunha placa acreditativa e un premio en metálico de 100 €.

ÚLTIMAS

CV Ciudad de A Coruña gaña o Campionato Galego de Volei Feminino Cadete que se celebrou en Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, xunto co Concelleiro de Deportes, José Manuel...

Do 21 de abril ao 20 de maio pódese solicitar a inscrición en Artelemos 2026

As artesás e artesáns interesados en participar deberán presentar o modelo normalizado de solicitude...

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...