HomesociedadeNovas actuacións na contorna da aldea modelo de Trascastro

Novas actuacións na contorna da aldea modelo de Trascastro

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, desprazouse ao concello do Incio para estudar a posibilidade de levar a cabo novas actuacións na contorna da aldea modelo de Trascastro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Acompañada polo alcalde, Héctor Corujo, a directora xeral comprobou o estado duns muíños situados na propia aldea, así como un sendeiro ao longo do río que rodea Trascastro. As actuacións a estudar tamén comprenderían a posibilidade de mellorar os accesos á esta aldea modelo, unha das primeiras en ser aprobadas en Galicia e a primeira de Lugo en pórse en marcha. Esta iniciativa abrangue un perímetro de 14 hectáreas, distribuídas nun total de 178 parcelas pertencentes a 104 propietarios. 

A directora xeral informou ao rexedor que a Consellería xa estaba traballando na delimitación dos soutos tradicionais a inventariar e que formarán parte do plan da Xunta que contempla a recuperación de arredor de mil hectáreas deste tipo de terreos no conxunto da comunidade autónoma.

Neste sentido, ao longo de Galicia trabállase noutras zonas -ademais de no Incio-, como son a ribeira do Sil tanto na provincia de Lugo como na de Ourense, na contorna do río Loio en Paradela, así como en áreas da montaña luguesa, caso do concello de Folgoso do Courel. Este plan de recuperación de soutos tradicionais, destacou Inés Santé, terá un impulso moi importante xunto coa Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, xa que impulsará figuras como as agrupacións de xestión conxunta da terra, claves para a posta en valor dos soutos.

ÚLTIMAS

Decoracións de Nadal no rural de Pantón

Dende o pasado sábado 13 de decembro, e ata pasar Reis, pódense ver as...

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra na Asociación de Ecoturismo en España (AEE)

A incorporación á AEE permitirá ao Consorcio sumar esforzos cunha rede estatal especializada en...

Os senadores populares denuncian “unha parálise de case 3 anos” na N-120

Os populares explican que “se ben é certo que o Executivo confirma que están...