HomesociedadeIII edición da Feira do Turismo e do Peregrino de Samos

III edición da Feira do Turismo e do Peregrino de Samos

Esta cita, que conta cunha achega da Deputación de Lugo de 16.000€ -financiados a través do Plan Único- está marcada nesta terceira entrega polas medidas sanitarias para garantir a seguridade dos asistentes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este domingo na III edición da Feira do Turismo e do Peregrino de Samos, que reuniu no campo da festa unha exposición de artesáns, actuacións musicais e degustacións do tradicional polbo á feira.

Rivera Capón destacou a importancia da celebración desta feira que “contribúe a dinamizar a vida social e a vida económica do concello de Samos” e engadiu que este tipo de iniciativas son “agora máis necesarias que nunca para a recuperación do sector turístico, hostaleiro e do comercio local fronte ao impacto das restricións provocadas pola pandemia” e engadiu que “onde hai actividades de lecer, hai consumo, sobre todo no sector servizos”.

A mostra de artesanía abriu ao público pola tarde, coincidindo coa proxección dun vídeo de promoción turística do municipio de Samos e do Camiño nunha pantalla xigante. Contra a tardiña tiveron lugar as actuacións musicais de La Ocaband e Pili Pampín.

ÚLTIMAS

Quiroga celebra este 25 de outubro o QuiMedo con 8 casas do terror

A cita do terror pechou o prazo de inscricións unha vez se acadaron os 1.200...

Arrinque exitoso de inscricións no Quiroga Trail Challenge 2026

O pasado 13 de outubro abríronse as inscricións para unha nova edición do Quiroga...

A entidade AGORA presenta a reforma do aseo do seu Centro de Atención Diurna

Co fin de  mellorar as súas instalacións e que as mesmas sexan un referente...

O PP de Monforte presenta unha moción para mellorar a seguridade da estrada provincial en Piñeira

A voceira popular, Katy Varela, explica que os traballos realizados non contemplaron o aumento...