Homesociedade3000 prazas para o Coñece a túa provincia que abre prazo do...

3000 prazas para o Coñece a túa provincia que abre prazo do 12 ao 16 de xaneiro

A Xunta de Goberno vén de aprobar as bases dunha nova convocatoria do programa Coñece a túa provincia, a iniciativa impulsada pola Deputación de Lugo que ofrece viaxes gratuítas a entidades sen ánimo de lucro dos 67 concellos da provincia

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nesta edición, o programa ofrecerá 3.036 prazas e contará cun orzamento de máis de 200.000€, o que supón un investimento de 67,40€ por persoa que repercute en beneficios para o territorio, ao fomentar o turismo de proximidade e dinamizar a actividade económica local.

As bases sairán publicadas o vindeiro 10 de xaneiro no Boletín Oficial da Provincia (BOP). O prazo de presentación de solicitudes arrincará o 12 de xaneiro, ás 12:00 da mañá e permanecerá aberto ata o 16 de xaneiro. Nesta anualidade, as asociacións poderán solicitar entre 15 e 23 prazas para realizar as excursións, mantendo o mesmo modelo de anos anteriores: visitas guiadas a centros da Deputación e rutas a elixir, con transporte, xantar, guía oficial de turismo, seguro de viaxeiros e entradas incluídas.

Como novidade principal, esta edición priorizaranse as entidades que non participaron en convocatorias anteriores, garantindo así a oportunidade de acceder ao programa a novos colectivos. As solicitudes deberán presentarse a través da Sede Electrónica da Deputación ou no Rexistro Xeral. As entidades que participen por primeira vez deberán achegar unha copia do NIF da entidade.

O programa mantén a oferta de 44 rutas polos 67 concellos da provincia, ás que se engaden 7 rutas accesibles deseñadas especificamente para colectivos de persoas con discapacidade física.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...