HomesociedadeCata nocturna en Margaride, ao carón do Camiño de Inverno

Cata nocturna en Margaride, ao carón do Camiño de Inverno

As prazas son limitadas e teñen un prezo de 25 euros, sendo necesario inscribirse no 650 983 654 ou no 636 164 330.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

EDV 2015 S.L. celebra este sábado, 14 de agosto, cata-degustación de viño nocturna. A primeira adega da D.O. Ribeira Sacra en facer a vendima nocturna no 2018 e repetir experiencia no 2019 para o seu Godello foi a primeira en celebrar catas nocturnas.

A cita que propoñen este sábado será una mestura de viño, patrimonio, lume e maxia. Ás 21.30 comezarase con ruta guiada polos vestixios romanos de Margaride, seguida de visita á adega EDV 2015 S.L. Posteriormente seguirase paseo ata a viña onde se desenvolverá a cata-degustación baixo as estrelas. Contarase tamén coa actuación do Mago Gerardo Martínez.

A actividade farase respectando todos os protocolos da Covid19. As prazas son limitadas e teñen un prezo de 25 euros, sendo necesario inscribirse no 650 983 654 ou no 636 164 330.

ÚLTIMAS

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe na fase final do Parlamento Xove

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe, integrado por Sabela Castro...

8M en Monforte con presenza do alcalde e sen a oposición

A concentración tivo lugar ás 13.00 horas na Praza da Compañía, diante das Casitas,...

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...

O IV Premio da Muller Caldelá foi para Pepita Carballo

Castro Caldelas celebrou o pasado venres 6 de marzo o Día da Muller reivindicando...