HomesociedadeCase medio millón de euros na mellora de 5 estradas provinciais no...

Case medio millón de euros na mellora de 5 estradas provinciais no Páramo

A Deputación de Lugo vén de licitar obras de mellora en cinco estradas de titularidade provincial ao seu paso polo concello do Páramo. Estes traballos contan cun investimento de preto de medio millón de euros e permitirán acondicionar algo máis de 14 quilómetros de vías neste municipio da comarca de Sarria mellorando as comunicacións, a seguridade e a comodidade dos veciños e veciñas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A LU-P-4304, que conecta O Páramo coa Pobra de San Xiao, terá un investimento de máis de 367.000€. Nesta vía levarase a cabo o acondicionamento de máis de 200 metros -do punto quilométrico 5,200 ao 5,435- e outro de máis de 1 quilómetro no antigo tramo da LU-P-2904, que conecta o concello con Conturiz. Estes traballos teñen un prazo de execución de 6 meses.

Así mesmo, tamén se licitaron conxuntamente as obras de mellora en 13 quilómetros noutras tres estradas paramesas cun investimento de 122.851€. Na vía que une Pacios e Trebolle, a LU-P-4203, levarase a cabo a rehabilitación de máis de 6 quilómetros da vía, dende o punto quilométrico 8,020 ao 14,088. Trátase dunha estrada que dá servizo ás parroquias de Friolfe e A Torre, ademais de ser un punto de unión co concello de Paradela.

Tamén se licitaron traballos na LU-P-4305, que conecta O Páramo coa parroquia de Moscán, para rexenerar preto de 1,5 quilómetros, dende o seu inicio ao punto quilométrico 1,426. Mentres que na LU-P-4306, de Santo André da Ribeira, as obras de mellora executaranse nos primeiros 5,6 quilómetros de vía. O prazo para acometer estes traballos nestas 3 estradas provinciais do Páramo será de 4 meses.

ÚLTIMAS

3000 prazas para o Coñece a túa provincia que abre prazo do 12 ao 16 de xaneiro

Nesta edición, o programa ofrecerá 3.036 prazas e contará cun orzamento de máis de...

Pepo Suevos: “subirei ó escenario coa mente en branco e a ver onde me leva a comedia”

Monforte empeza o ano 2026 con comedia e faino o día 2 de xaneiro...

Os Polos de Emprendemento da provincia asesoran a 1.100 proxectos e crean 90 empresas

Esta iniciativa da Xunta de Galicia, despregada progresivamente desde xullo de 2022, ofrece asesoramento...