HomesociedadeCase 1 millón de euros para a contratación de 39 orientadores laborais...

Case 1 millón de euros para a contratación de 39 orientadores laborais na provincia

A Consellería de Emprego e Igualdade vén de renovar as axudas para a contratación ou mantemento de orientadores laborais, que na provincia de Lugo supoñen un investimento de 953.900 euros para financiar o labor de 39 técnicos que prestarán os seus servizos en máis dunha vintena de concellos e en 14 entidades sociais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A figura dos orientadores laborais presta apoio aos traballadores desempregados informando sobre accións formativas ou deseñando itinerarios de inserción personalizados, entre outras tarefas. O municipio da capital contará con 25 orientadores, contratan técnicos amén os concellos de Foz, Monforte de Lemos, Ribadeo, Sarria e Burela.

É frecuente que varios municipios compartan os servizos dun orientador, como ocorre en Carballedo e Chantada; Cervantes Becerreá e Pedrafita do Cebreiro; Alfoz, Cervo e O Valadouro; O Corgo, Láncara e Triacastela; Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel; Meira, Riotorto e Ribeira de Piquín; e Sober, O Saviñao e Pantón

Os contratos teñen unha duración dun ano, financiándose estes empregos cunha contía máxima de 25.000 euros por cada técnico en orientación laboral contratado a tempo completo e con 28.000 euros cando o contrato se desenvolva nunha entidade sen ánimo de lucro que realice actividades de atención a persoas con discapacidade.  

Os orientadores encárganse, entre outras funcións, de elaborar diagnoses individualizadas sobre o perfil e necesidades dos desempregados; proporcionar información sobre o mercado de traballo e os distintos incentivos; deseñar itinerarios individuais e personalizados de emprego; ou informar sobre a oferta de accións de formación profesional ou o proceso de recoñecemento das competencias adquiridas. A mellora da orientación laboral cun enfoque a servizos e dirixida tanto a demandantes de emprego como ás empresas é un obxectivo prioritario da Xunta.

ÚLTIMAS

A UNED de Monforte supera por primeira vez o cento de matrículas

José Tomé, que tamén ostenta o cargo de presidente da Xunta Reitora da UNED...

A comezos do 2026 comeza a funcionar a cociña da Galiña Azul de Chantada

A Galiña Azul do Concello de Chantada forma parte desde o 2008 do Consorcio...

PP e BNG desmontan a fonte de Tomé no Parque dos Condes

A voceira do popular, Katy Varela, amosou o seu desacordo co anuncio de Tomé...

Fin de semana de Máster de Futbolín de Sarria

A directora territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Carmen José López, participou...