HomesociedadeNoite aberta en Chantada o 20 de agosto e en Sarria outlet...

Noite aberta en Chantada o 20 de agosto e en Sarria outlet de verán

A Asociación de Empresarios de Chantada celebrará este venres, 20 de agosto, unha nova edición da Noite Aberta. E o Centro Comercial Urbano de Sarria – ACES celebra este venres e sábado días 20 e 21 de agosto respectivamente, a oitava edición do "Outlet de verán".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Máis de 30 establecementos participarán na campaña do comercio de Chantada na que se ofertarán grandes descontos de fin de tempada. Roupa, calzado, complementos, cosmética, artigos de decoración, papelería, artigos de iluminación son algúns dos produtos que veciños e visitantes poderán atopar o día 20. A campaña celebrase durante todo o día, sendo as 23:00h a hora tope fixada.

Esta campaña, xunto coa colaboración realizada coa Asociación Amigos do Folión, que consistiu no reparto de pezas decorativas propias do folión para que os comerciantes e hostaleiros colocasen nos seus establecementos e a realización outro ano máis do Concurso de Escaparates, foron a aposta da Asociación de Empresaarios de Chantada neste mes de agosto para que os vecinos e visitantes gozasen do comercio e da hostalaría da vila.

En Sarria durante este venres e o sábado os establecementos participantes no outlet de verán ofrecerán grandes descontos, co obxecto de dar saída aos stocks de anos anteriores e/ou o produto excedente da tempada de verán. Calzado, roupa, roupa infantil, agasallos, complementos, fogar, ……. unha ampla variedade de produtos que poderán adquirir os clientes a un prezo ideal. As ofertas abarcarán todo tipo de produtos e servizos ofrecidos polos locais adheridos a esta iniciativa. Esta oitava edición conta coa participación de 27 establecementos. Todos eles contarán cunha zona “Outlet” onde os clientes poderán beneficiarse dos produtos a prezo de saldo. Un distintivo visible nos escaparates identificará aos comercios participantes, os cales abrirán as súas portas no seu horario habitual.

ÚLTIMAS

San Xoán de Río leva o mellor do seu rural ao C.C. Ponte Vella de Ourense

O Concello de San Xoán de Río visibilizará o seu territorio, iniciativas e potenciais este sábado 28...

Pantón presenta o seu Verán Cultural e abre as Piscinas Municipais

O Trail Heroica Sacra está organizado polo club Galaico Trail Run e a peña...

51.000€ para renovar a cuberta da Casa da Cultura de Bóveda

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, e o conselleiro de Cultura, Lingua e...

Nova executiva do PSOE de Láncara

Este encontro contou coa participación de militantes do municipio, do alcalde de Láncara, Darío...