HomesociedadeArtesanía de Galicia na Ribeira Sacra este 21 de agosto en Cadeiras

Artesanía de Galicia na Ribeira Sacra este 21 de agosto en Cadeiras

A iniciativa, na que participan 22 obradoiros da marca Artesanía de Galicia, estará aberta ao público nos pendellos do Santuario da Nosa Señora das Cadeiras desde as 11:00 ata as 21:00 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Galicia, a través da Fundación Artesanía de Galicia, organiza este sábado, 21 de agosto, en Sober o evento Artesanía de Galicia na Ribeira Sacra, co obxectivo de impulsar a comercialización do feito a man e dar difusión aos oficios tradicionais.

Poderanse atopar pezas de olería, madeira, téxtil, xoguetes artesanais, xoiería, traxe tradicional e coiro. Cabe destacar a presenza de representantes de tres dos centros de olería tradicional que continúan activos en Galicia, como son Gundivós (Sober), Niñodaguia (Xunqueira de Espadanedo) e Buño (Malpica de Bergantiños).

Entre os obradoiros participantes, moitos deles asentados na Ribeira Sacra e na súa reserva da biosfera, atópanse Alfarería Agustín (Xunqueira de Espadanedo); Alfarería Lista (Malpica de Bergantiños); Armaior e Enxógate (Quiroga); Artesanía do Caurel (Folgoso do Courel); Bangus (Ourense); Elías de Gundivós e Figulus Olaría Tradicional da Ribeira Sacra (Sober); En lá (Monforte de Lemos); Isabel e a arte (Vilalba); Lucecús (Guitiriz); Lumecú (Vilar de Santos); Macala (Santiago de Compostela); Moura (Maceda); Nobelo a nobelo (A Estrada); Olería do Batán (Baños de Molgas); e Senda Coiro (A Pobra de Brollón).

Ao longo de toda a xornada celebraranse tamén catro obradoiros gratuítos e abertos ao público para achegar os oficios artesanais á sociedade, especialmente aos máis pequenos, e contribuír así a visibilizar a marca Artesanía de Galicia.  Así, os artesáns Susana González, de Terralume (A Coruña), e Antón Román (Gondomar) impartirán un taller de iniciación ao torno cerámico. Pola súa parte, María José Martínez e José Antonio Carrera (Vigo) realizarán un obradoiro de creación de cianotipias e outro sobre a técnica de estampaxe xaponesa shitotaku. A artesá Iria Ribadomar, do obradoiro Deica! (Santiago de Compostela), estará á fronte dun de debuxo

ÚLTIMAS

Conta atrás para a ‘Festa da Carne ao Caldeiro’ de Castro de Carballedo

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, e as responsables da organización,  Hita...

Quiroga presenta un amplo programa para celebrar a súa XLIII Feira do Viño

O programa ábrese o venres día 18 coa cata de espumosos, que se desenvolverá...

Atopan unha persoa falecida no interior dun coche que se saiu da vía en Sarria

Unha persoa perdeu a vida tras incendiarse o seu vehículo despois de saírse da...

Convócase o Concurso de Atletas e Clubs máis destacados do ano 2024 no concello de Monforte

O concello de Monforte convoca o Concurso para determinar os/as atletas e clubs máis...