Homesociedade'Tanquián Tribe' actuará en Meán

‘Tanquián Tribe’ actuará en Meán

A Cantina de Meán, no Saviñao, acollerá unha nova actuación o sábado 28 de agosto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Baixo o nome de ‘Tanquián Tribe’ preséntase un grupo de artistas que chega á Cantina de Meán dende Pantón para ambientar e animar musicalmente unha velada máis de sábado noite.

A actuación, que combinará música con danza, está programada para o vindeiro sábado 28 ás 20:30 h. tendo que reservar previamente para poder ter mesa e cear. O teléfono para gardar sitio é o seguinte: 678 50 52 19

O suxestivo convite que fai o grupo a través das redes sociais é o seguinte: “Vinde a pasar unha noite de verán entre familia e seres queridos. Tocaremos unha mestura de temas propios, rap fem, Bossa Nova, Folk… un popurrí delicioso de harmonías, danza e boa onda”.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...