HomeTerra de LemosMonforteA Deputación inviste máis de 130.000 euros en continuar as melloras da...

A Deputación inviste máis de 130.000 euros en continuar as melloras da estrada de Monforte a Currelos

José Tomé Roca apunta que a mellora da rede de estradas provinciais é "unha das liñas de actuación prioritarias".

Publicado o

- Advertisement -

A Deputación de Lugo adxudicou a licitación das obras de rehabilitación dun novo tramo da estrada LU-P-3202, que une Monforte de Lemos co núcleo poboacional de Currelos, no concello de Saviñao. As obras de mellora contan cun investimento de 133.100 euros.

Unha vez finalizadas as obras, que terán lugar entre os puntos quilométricos 6,9 e 10,4, a vía verase mellorada en oito quilómetros, desde o punto 2,6 ao 10,4, segundo sinalou a Deputación nun comunicado.

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, apuntou a este respecto que a mellora da rede de estradas provinciais é “unha das liñas de actuación prioritarias” do Goberno provincial, ao que se dedicaron 16 millóns de euros dos Orzamentos.

“A mobilidade é un dereito máis da cidadanía, e manter en bo estado as comunicacións por estrada é imprescindible para garantir a igualdade de oportunidades e o equilibro territorial, e, por tanto, para fixar poboación no rural”, destacou o presidente provincial.

ÚLTIMAS

O Mercado de Nadal de Quiroga péchase con éxito e pénsase na continuidade

Este Mercado de Nadal, organizado polo Concello de Quiroga coa colaboración da Asociación de...

O Concello de Bóveda entrega os Premios do III Concurso de Poesía

O premio da categoría de adultos recaeu eu Adrián Casanova, de Monforte, mentres que...

Este 30 de decembro o Faladoiro de Quiroga cunha veciña de Ucraína

Mariia foise adaptando aos costumes, ao clima e á lingua. Traballou como coidadora e...

Dous anos de Comunidades de Emprego e Emprendemento Rural Sostible nas comarcas de Lemos, Chantada e Deza

Comunidades de Emprego e Emprendemento Rural Sostible Galicia atende en orientación laboral a persoas...