HomesociedadeSarria atrévese coas orquestras e anuncia a actuación da París de Noia

Sarria atrévese coas orquestras e anuncia a actuación da París de Noia

Será o vindeiro día 10 de setembro ás 21:00 horas e actuará no antigo Campo de Rugby desta localidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sarria, tamén afectado por algún gromo durante a pandemia, non deixou de programar actuacións musicais e culturais durante estes meses, se ben seguindo as oportunas prescricións normativas de cada momento.

Quitando as festas do San Xoán no formato tradicional, dende o concello veñen organizando diferentes actuacións e ciclos de lecer como foron, por exemplo, os concertos e as actuacións musicais de rúa en xuño, o Narra Sarria, o Sarria Sorrí ou o Festival Internacional de Maxia. No caso do ciclo de humor Sarria Sorrí incluso con actuacións de gran aforo –dentro das posibilidades– que se fixeron no antigo campo de Rugby como foi o espectáculo de “Lechazo á feira”, con Touriñán, David Amor JJ. Vaquero e Álex Clavero.

Seguindo con esta política de seguir programando cultura e lecer, agora atrévense programando a actuación dunha gran orquestra o vindeiro 10 de setembro: a París de Noia. Iso si, seguindo protocolos e normativas sanitarias.

RESERVA PREVIA E AFORO LIMITADO

A reserva de entradas realizarase de maneira telefónica, chamando ao teléfono do concello: 982 53 50 00. A entrada será de balde e cada persoa poderá reservar 4 como máximo, estando todas elas asociadas a unha persoa física.

Ao chamar por teléfono darase o nome, apelidos, teléfono de contacto e DNI de todas as persoas asistentes. O horario para chamar é todos os días laborais dende as 9.30 ás 13.30 horas.

No momento de chegada ao recinto, cada unha das persoas deberá levar enriba o DNI reservándose a organización o dereito de admisión.

Abriranse as portas do recinto ás 20.00 horas, procurando unha entrada progresiva e gradual, evitando aglomeracións. Prégase puntualidade e a entrada será válida ata cinco minutos antes de que comece a actuación (20:55 horas).

Dentro do recinto é obrigatorio o uso da máscara, así como todas outras medidas de organización e seguridade que o Concello de Sarria determine.

ÚLTIMAS

‘Día de Bruxas’: unha emotiva e máxica xornada que homenaxeou á ‘Meiga de Torbeo’

A aldea de Torbeo foi, o pasado 18 de outubro, protagonista dunha xornada cultural...

Comeza unha nova tempada do Programa Integrado de Emprego de Chantada

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Chantada (PIE) inicia a súa actividade...

A Pobra do Brollón celebra o Día da Biblioteca con actividades o 23 e 24 de outubro

Andrea Nunes Brións, nada en 1984 en Marín, é activista, escritora e profesora de...

“Perdida no labirinto” de Violeta Bernardo amplía o proxecto de Soterradas en Tor

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, acompañado da xerente da Rede Museística...