Homesociedade900 hectáreas levan ardidas no incendio de Ribas de Sil que afecta...

900 hectáreas levan ardidas no incendio de Ribas de Sil que afecta tamén a Quiroga e A Pobra do Brollón

Neste lume continúa decretada a Situación 2 como medida preventiva, unha situación operativa declarada inicialmente pola proximidade do lume ao núcleo de Rairos e que se mantén por precaución.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Á espera de novas medicións coa luz do día, a superficie afectada polo lume iniciado en Ribas de Sil (parroquia homónima), que tamén afecta os municipios de Quiroga e A Pobra do Brollón, supera as 900 hectáreas, segundo as estimacións da Consellería de Medio Rural este martes ás 8 e media da mañá.

Este lume comezou ás 12,47 h. de onte e permanece activo arestora. Ata o momento mobilizáronse para controlalo 7 técnicos, 17 axentes, 49 brigadas, 22 motobombas, 5 pas, 8 avións e 14 helicópteros. Tamén se incorporaron ao longo da noite medios da Unidade Militar de Emerxencias (UME). 

Permanece tamén activo o lume iniciado ás 21,42 h. do domingo neste mesmo concello, parroquia de Nogueira. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional de arredor de 140 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse ata o de agora 6 técnicos, 17 axentes, 33 brigadas, 26 motobombas, 5 pas, 7 avións e 6 helicópteros.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...