HomesociedadeA Valedora do Pobo admite a queixa de Portela de Lóuzara polo...

A Valedora do Pobo admite a queixa de Portela de Lóuzara polo trato discriminatorio do concello de Samos

A veciñanza de Portela de Lóuzara no concello de Samos presentara ante o Valedor do Pobo e o Defensor del Pueblo unha reclamación polo trato discriminatorio que lles daba o Concello de Samos, demanda que foi admitida.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo a veciñanza, o concello de Samos deixou de cumprir as súas funcións con respecto ó mantemento e limpeza adecuada da estrada que comeza no km19,200 da LU -P – 5601. “Deixando este de cumprir as súas funcións, As dififultades que temos van desde o abandono do firme da mesma, pasando pola limpeza da maleza ou da neve no inverno (xa que é unha aldea a 1200m de altitude)”, aseguran.

As carencias foran trasladadas ao alcalde en xaneiro deste ano e aseguran que constestou de maneira informal que non faría nada ao respecto. “A maiores dos destrozos dos vehiculos, xa que houbo varias saídas de vía por ese motivo, 8 rebentóns e demais avarías. Sentímonos desprotexidos e abandonados e rogamos que este órgano nos axude,” conclúe a veciñanza afectada.

ÚLTIMAS

O 12 de xaneiro abre o prazo para solicitar a participación no Coñece a túa Provincia

A Deputación de Lugo abre o luns, 12 de xaneiro, o prazo para solicitar...

Chantada fai balance dun concorrido Nadal

O Concello de Chantada pechou esta programación de Nadal cun día especial que tivo...

O Concello de Taboada fai un chamamento para reunir fotos antigas

O Concello de Taboada está difundindo unha iniciativa para que lle chegue a toda...

A AAVV do Saviñao denuncia un vertedoiro ilegal na Lama de Escairón

Aseguran que fai máis dun ano que a área pública, localizada na Lama de...