HomesociedadeRemata o obradoiro de emprego Serra do Faro V que compartían Chantada...

Remata o obradoiro de emprego Serra do Faro V que compartían Chantada e Carballedo

O obradoiro de emprego clausurado este martes, 14 de setembro, formou durante nove meses a dez alumnos na modalidade de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización, e a outros tantos na de Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, fixo entrega dos diplomas aos 20 alumnos traballadores que se formaron no obradoiro de emprego Serra do Faro V, compartido por Carballedo e Chantada, nun acto no que tamén participaron os alcaldes de ambos concellos, Julio Yebra e Manuel Lorenzo, respectivamente.

Os participantes reciben un certificado de profesionalidade que os acredita para exercer traballos na especialidade elixida -albanelaría ou xardinaría-, ben como asalariados en empresas do sector ou como traballadores por conta propia, dado que tamén adquiren coñecementos específicos orientados ao emprendemento.

En Chantada traballaron na instalación e mantemento de zonas verdes como a contorna do paseo fluvial do río Asma dende o campo do Sangoñedo ata o núcleo da Ponte, o parque Eloisa Rivadulla ou a Praza de Galicia. Tamén melloraron as beirarrúas neste último punto -no tramo do xulgados- e na Avenida de Monforte, así como os pavimentos na zona das pistas de tenis. No caso de Carballedo, acondicionaron os accesos e a área recreativa da Barrela e remodelaron a zona axardinada da praza do Concello, entre outras.

O delegado sinalou que próximamente dará comezo unha nova edición deste proxecto, “que suporá novas oportunidades laborais para outras 20 persoas desempregadas destes municipios”. A Consellería de Emprego e Igualdade destinará 368.000 euros á iniciativa, que xunto coa que agora remata eleva o investimento a preto de 745.000 euros nos dous últimos anos.

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...