HomesociedadeChantada e Taboada acollen na vindeira semana catas de iniciación de viños...

Chantada e Taboada acollen na vindeira semana catas de iniciación de viños da Ribeira Sacra

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), desenvolverá a vindeira semana unha cata de iniciación de viños da Ribeira Sacra nos concellos de Taboada e Chantada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Estas accións formativas terán lugar o martes 21 de setembro na casa consistorial de Taboada e, ao día seguinte, será na casa consistorial de Chantada. En ambos casos celebrarase en xornada de tarde, en horario de 17:30 a 21:30 horas. Todos os interesados poderán anotarse no curso cubrindo a correspondente solicitude dispoñible na páxina web da Consellería do Medio Rural. Esta deberá remitirse finalmente ao correo electrónico de formacion.agacal@xunta.gal. Tamén poden chamar ao número 881 997 279 para máis información.

O obxectivo principal deste curso é proporcionar coñecementos básicos de enoloxía e viticultura aos asistentes, ademais de ensinarlles as habilidades básicas da cata de viños para que saiban distinguir os atributos positivos dos negativos e ter un vocabulario acorde a este tipo de prácticas.   

O programa recolle unha parte teórica centrada nas peculiaridades das subzonas da Ribeira Sacra, pasando polas distintas tipoloxías de viño, a súa maduración e mesmo o seu etiquetado. Seguidamente, combinarase unha parte práctico-teórica sobre as distintas fases que compoñen unha cata, centradas nas parte visual, olfativa e gustativa. 

ÚLTIMAS

Quere o teu mercado desenvolveuse este sábado na Praza de Abastos de Monforte

Como parte da promoción, dende o Concello de Monforte, organizaron unha degustación de produtos...

D 4 ao 6 de xullo celébrase a VII edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

A montaxe e deseño dos stands, continúa a liña de edicións anteriores, pero modifícase...

Rematan os traballos de acondicionamento do Bolo de Betote, en Sarria

A Xunta acaba de executar unha actuación para acondicionar e poñer en valor o...

Un novo éxito para a edición de 2025 de ‘Marida Maio’

As xornadas enogastroturísticas da Ribeira Sacra, coñecidas como Marida Maio, celebraron este pasado xoves...