HomesociedadeObservación astronómica nocturna o 23 de setembro en Monforte

Observación astronómica nocturna o 23 de setembro en Monforte

Este xoves 23 de setembro, ás 21:00h e na praza da Compañía, terá lugar unha observación astronómica nocturna baixo o título “O Camiño das Estrelas. As Estrelas do Camino”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte programa esta actividade de divulgación astronómica nocturna, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela e o Observatorio Astronómico Ramón María Aller. Cóntase co financiamento da Consellería de Cultura e Turismo dentro do programa O teu Xacobeo.

O propósito é poñer en valor o significado da Vía Láctea e a súa relación co Xacobeo, explicando en que condicións marca o camiño cara a Compostela. O proxecto adentrará ós participantes no mundo da astronomía mediante a visión nocturna tanto a simple vista como con telescopios.

ÚLTIMAS

435.000€ para a mellora da estrada que une Sarria co Polígono do Morelle

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou este martes a zona para comprobar...

A D.O. Ribeira Sacra pecha a campaña con 4.617.965 quilos vendimados

A campaña despídese cun claro protagonismo das variedades tintas con 3.552.736 quilos, coa Mencía...

“Activa a túa vida dixital”, desde este 14 de outubro no CEMIT de Carballedo

Durante tres semanas consecutivas, os usuarios da aula lucense participarán en sesións semanais que...

Xornada cultural dedicada á ‘Bruxa de Torbeo’

Filomena Arias, coñecida como "A Bruxa de Torbeo" é unha figura popular que marcou a...