HomesociedadeFolgoso do Courel reclama ser incluído "zona lobeira"

Folgoso do Courel reclama ser incluído “zona lobeira”

O Pleno do Concello de Folgoso do Courel rexeita por unanimidade a orde ministerial de inclusión do lobo no listado de especies de réxime de protección especial.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O equipo de Goberno presentou no último pleno unha moción de urxencia contra a orde ministerial de inclusión do lobo no listado de especies silvestres en réxime de protección especial, ao tempo que pediron que o Ministerio habilite axudas para paliar os danos que cause esta especie e se subvencione a adopción de medidas de prevención establecidas no catálogo aprobado polo Ministerio.

Desde o Concello de Folgoso do Courel piden que se inclúa o Concello como zona lobeira á vista dos últimos ataques sufridos, o que demostra que cada vez hai máis exemplares desta especie. A iniciativa foi aprobada por unanimidade.

O pleno do concello tamén aprobou por unanimidade o calendario laboral de 2022 quedando os festivos da seguinte maneira:

  • Día 19 de agosto
  • Día 9 de decembro

O grupo de Goberno votou a favor da aprobación da Conta Xeral 2020, que se someteu ao Pleno en tempo e forma. Os grupos da oposición abstivéronse.

En relación coa moción de C@urel Vivo sobre a creación dun transporte para a educación secundaria pos obrigatoria, o equipo de Goberno explicou que non se trata dunha competencia municipal, ao tempo que recordou que está aberto o prazo para que todos e todas os estudantes de ensinanza pos obrigatoria poidan solicitar as axudas ao transporte que puxo en marcha o Goberno local e outras administracións.

Desde o Concello comprometéronse a estudar o aumento da partida municipal que se destina a estas axudas para poder chegar a todos os estudantes que se atopen fóra, con independencia de onde residan. A rexedora, Lola Castro, recordou ademais que Folgoso do Courel foi o único Concello da provincia que asumiu o pagamento do transporte para acudir á vacinación COVID a quen lle fixo falla. Tampouco saiu adiante a moción de C@urel Vivo sobre a celebración das sesións plenarias. O equipo de Goberno recorda que se trata dun acordo do Pleno de Organización do ano 2019.

ÚLTIMAS

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...