HomesociedadeFormación en turismo enolóxico do 4 ao 7 de outubro en Monforte

Formación en turismo enolóxico do 4 ao 7 de outubro en Monforte

A iniciativa, que se impartirá en horario de 9:00 a 14:00 horas na sede do Consello Regulador da DO Ribeira Sacra, constará de 20 horas lectivas para desenvolver un total de sete módulos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Agacal celebrará do 4 ao 7 de outubro en Monforte de Lemos un curso sobre o enoturismo, co fin de xerar unha bolsa de profesionais capacitados que comprendan o funcionamento dos destinos e das estruturas turísticas e que desenvolvan estratexias de comunicación co uso de novas tecnoloxías.

No primeiro módulo do curso verase o concepto e evolución do turismo enolóxico. O segundo será sobre o sector turístico e o turismo enolóxico en España. Seguidamente, abordarase o perfil xeral do turista para seguir coas principais canles de distribución do turismo enolóxico. O quinto módulo tratará sobre as redes sociais como ferramentas de comunicación e o uso das novas tecnoloxías. Tamén se analizará o produto enoturístico e, por último, abordarase toda o oferta que presenta este sector: viñoterapia, talleres de cata e roteiros do viño, entre outros.  

O curso está dirixido a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como mozos e mozas do medio rural galego e persoas con expectativas de incorporación ao sector.

Nesta páxina pode atoparse o referido curso de Monforte de Lemos e descargar as solicitudes de asistencia correspondentes, que deberán remitirse cubertas ao enderezo electrónico formacion.agacal@xunta.gal. Os interesados en asistir poderán solicitar calquera información adicional chamando ao teléfono 881 997 279.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...