HomeSucesosO Outono Gastronómico na provincia preséntase na Ribeira Sacra

O Outono Gastronómico na provincia preséntase na Ribeira Sacra

Trece establecementos de turismo rural LUCENSES participan ata finais de ano na 15ª edición do outono gastronómico.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial do Goberno galego, Javier Arias, presentou a iniciativa nun dos negocios participantes, a Casa Grande de Rosende (Sober), onde salientou que esta campaña constitúe unha aposta polos produtos turísticos galegos máis consolidados, deseñada para dinamizar a demanda turística despois da época estival. O programa está vixente as fins de semana desde o 17 de setembro ata o 19 de decembro.

Na provincia de Lugo, as casas rurais adscritas son Finca Goleta (Foz), Finca O Bizarro (Trabada), Casa Norita (Lourenzá), Longarela (Castroverde), A Fervenza (O Corgo), A Lareira (As Nogais), Casa Caxigueiro (Sarria), Casa do Romualdo (Taboada), Casa Vilamor (O Saviñao), Rectoral de Castillón e Casa dos Muros (Pantón), Ferrería de Rugando (Quiroga) e a Casa Grande de Rosende.

O programa ofrece diferentes propostas que inclúen a posibilidade de pernoctar e desfrutar de menús concibidos en exclusiva para esta ocasión. Así, pódese desde degustar unha cea co Menú Outono Gastronómico ata pasar unha unha fin de semana no establecemento elixido (Paquete ou Fin de Semana Outono Gastronómico).

Outono Gastronómico Presentación / Casa Grande de Rosende

Tamén se ofrece o Outono Plus, co que algunhas das casas participantes porán á disposición dos seus clientes outras actividades complementarias á restauración e o aloxamento, como paseos a cabalo, rafting, sendeirismo ou visitas culturais. Toda a información sobre a campaña, os 73 establecementos adheridos no conxunto de Galicia e as distintas modalidades pode consultarse na web de Turismo de Galicia.

Como novidade, todos os negocios participantes inclúen nos seus menús produtos galegos con certificación de calidade avalados pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), dependente da Consellería do Medio Rural. Este organismo organiza durante a campaña degustacións e actividades relacionadas co coñecemento dos provedores, que serán gratuítas e exclusivas para os clientes do Outono Gastronómico aloxados nas casas participantes.

Outra das novidades desta edición é o programa de fidelización denominado OuBono Gastronómico, un carné co que os clientes que contraten dúas Fins de Semana Outono Gastronómico recibirán outra gratuíta, dentro dun cupo de 25 bonos que se entregarán por rigorosa orde de recepción en Turismo de Galicia.

ÚLTIMAS

Quere o teu mercado desenvolveuse este sábado na Praza de Abastos de Monforte

Como parte da promoción, dende o Concello de Monforte, organizaron unha degustación de produtos...

D 4 ao 6 de xullo celébrase a VII edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

A montaxe e deseño dos stands, continúa a liña de edicións anteriores, pero modifícase...

Rematan os traballos de acondicionamento do Bolo de Betote, en Sarria

A Xunta acaba de executar unha actuación para acondicionar e poñer en valor o...

Un novo éxito para a edición de 2025 de ‘Marida Maio’

As xornadas enogastroturísticas da Ribeira Sacra, coñecidas como Marida Maio, celebraron este pasado xoves...