HomesociedadeA Asociación Veciñal do Saviñao solicita á Deputación o arranxo urxente de...

A Asociación Veciñal do Saviñao solicita á Deputación o arranxo urxente de dúas estradas

Como obras máis urxentes notifícaselle á Deputación, o “lamentable estado” que presentan na actualidade as estradas 4112 Rendal (Fión, O Saviñao) – O Reguengo (Pantón) e a 5811 Torno – O Gorgozo, presentando un “alarmante deterioro en moitos puntos.”

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na última reunión da xunta directiva da asociación propúxose solicitar un arranxo de emerxencia en dúas estradas de titularidade da Deputación Provincial, recoñecendo que hai outras moitas que tamén o precisan. “O estado de conservación das estradas do concello é lamentable ó longo de todo o territorio municipal. As distintas administración presumen nos medios de comunicación cando arranxan unha estrada da súa titularidade, pero as actuacións son puntuais e escasas, deixando a maigrande parte das vías de comunicación case inservibles e ocasionado averías nos vehículos dos veciños que a diario transitan por elas,” sinalan desde a asociación veciñal do Saviñao.

Os desperfectos das estradas detállanse no escrito da asociación veciñal do seguinte modo: “A estrada 4112 presenta importantes fochancas en tres tramos: entre Rendal e A Barxa, en Galegos e no Reguengo.

A Estrada 5811 concentra gran número de profundas fochancas que fai totalmente imposible a evitación das mesmas. Trátase dunha situación de emerxencia, xa que afecta á comunicación coa zona norte do concello. A zona que precisa atención é un tramo entre o inicio desta estrada 5811 no lugar de Torno e o lugar de Santa Cruz da parroquia de Vilelos, entre os puntos quilométricos 0.400 e 0.800. A asociación veciñal trasmite as queixas veciñais e reclama unha intervención inmediata de rebacheo para facilitar o tránsito e a comunicación. Deberíase executar o afianzamento da base da calzada e a reposición da capa asfáltica xa que todos os anos vemos como se abren fondas fochancas no mesmo tramo.”

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...