HomesociedadeA Xunta anuncia unha reestruturación completa do Hospital de Monforte

A Xunta anuncia unha reestruturación completa do Hospital de Monforte

"Cumprimos os compromisos con Monforte", afirmou, para recalcar que consolidan "servizos", así como o "compromiso da Xunta cos hospitais comarcais con obras en todos eles", afirma o Conselleiro de Sanidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, ratificou este luns a aposta da Xunta por manter os hospitais comarcais de Galicia “en plena forma” con actuacións de mellora. Así o manifestou Comesaña nunha visita ao Hospital Público de Monforte, acompañado polo xerente da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte, Ramón Ares Rico.

Dotar correctamente

Comesaña defendeu o traballo da Xunta para “dotar correctamente á Atención Primaria e aos hospitais comarcais” cunha “importante mellora”.

No caso concreto de Monforte, o conselleiro resaltou que o plan en marcha “propón unha reestruturación completa das áreas de hospitalización para incorporar habitacións individuais” tamén; así como en áreas de consultas, co fin de “organizalas e concentralas” para “facilitar o circuíto”. E céntrase en “mellorar a funcionalidade de servizos como Urxencias, laboratorios e Radioloxía”.

Por iso, recalcou a previsión de “completar un investimento global de 15 millóns” cun “proxecto con visión clara para mellorar a actividade asistencial”. Así, a Xunta traballa para lograr que este hospital comarcal sexa “máis humanizado, máis funcional e máis sustentable”.

O Executivo galego “vai facer o que estea na súa man para manter en plena forma” estes centros. En primeiro lugar, defendeu abordar “o problema” de profesionais que teñen, sobre o que lembrou que prestar servizo nos comarcais “facilita máis puntuación por días traballados” e “puntos adicionais para outorgar un grao máis na Carreira Profesional”. Con todo, o seu departamento traballa para “deseñar novos mecanismos de cobertura de prazas para cubrir os servizos nestes hospitais”.

ÚLTIMAS

Taller de Subvencións para Emprender e para Empresas Galegas, o 28 de xaneiro online

Durante o taller daranse a coñecer a subvencións para promover e apoiar ás persoas...

“Os maragatos da Porta de San Pedro”, a exposición na Casa da Cultura de Chantada ata o 29 de xaneiro

Compoñen a mostra 12 paneis en galego e castelán que recollen a historia da...

Sarria presenta a 18ª edición da Festa do Cocido do Porco Celta

O Concello de Sarria vén de presentar unha nova edición do seu evento estrela...