HomesociedadeXornadas formativas sobre requisitos administrativos aplicables ás adegas

Xornadas formativas sobre requisitos administrativos aplicables ás adegas

As Xornadas, organizadas por AGACAL (Axencia Galega da Calidade Alimentaria), son gratuítas para as adegas e teñen como obxectivo esclarecer os requisitos e procedementos administrativos propios do sector vitivinícola que lles son de aplicación ás adegas, mellorando o seu coñecemento e corrección na preparación e presentación dos mesmos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Abertas a todas as adegas inscritas na D.O. Ribera Sacra, as Xornadas son de especial interese para aquelas adegas dun tamaño más reducido ou cunha xestión menos profesionalizada e que teñan un menor coñecemento sobre estes requisitos. Poden inscribirse dúas persoas por adega. A inscrición farase enviando cuberto o formulario de inscrición á dirección de correo iria.gonzalez.romero@uvigo.es. O formulario pode descargarse no apartado Novas da web do C.R.D.O.R.S.


Nestas Xornadas trataranse os principais requisitos administrativos relativos ás instalacións produtivas das adegas, ás declaracións e rexistros relativos á contabilidade de existencias e aos transportes, ás marcas comerciais, nomes comerciais e etiquetaxe, e á certificación de produto, entre outros. Para elo contarase con profesorado do Grupo de Enxeñaría de Organización (GIO) da Universidade de Vigo e con persoal de Inspección de Defensa contra Fraudes e Calidade Alimentaria da Consellería de Medio Rural e do departamento de Aduanas e Impostos Especiais da Axencia Tributaria (AEAT).

As Xornadas terán unha duración de 10 horas, divididas en tres sesións, as dúas primeiras desenvolveranse na sede do C.R.D.O.R.S. En función do número de adegas inscritas están previstos dous grupos. As datas e horarios escollidos son os seguintes:

  • GRUPO 1:
    • Sesión 1: martes 26 de outubro, de 10 a 14h
    • Sesión 2: xoves 28 de outubro, de 16:30 a 19:30h
    • Sesión 3: xoves 18 de novembro, de 17:00 a 20:00. Ribadavia
  • GRUPO 2:
    • Sesión 1: martes 26 de outubro, de 16 a 20h
    • Sesión 2: mércores 3 de novembro, de 16:30 a 19:30h
    • Sesión 3: xoves 18 de novembro, de 17:00 a 20:00. Ribadavia

ÚLTIMAS

Os senadores populares denuncian “unha parálise de case 3 anos” na N-120

Os populares explican que “se ben é certo que o Executivo confirma que están...

Deloreans nas Festas de Nadal de Monforte

O rexedor acudiu ao concerto acompañado pola Tenente Alcalde, Gloria Prada; o Concelleiro de...

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...