HomesociedadeDuplicar efectivos para o GES de Quiroga e Folgoso do Courel

Duplicar efectivos para o GES de Quiroga e Folgoso do Courel

A Xunta propón este mércores na Comisión de Seguimento dos Grupos de Emerxencia Supramunicipal (GES), aumentar o persoal para que tódolos GES teñan 12 efectivos, o que suporía contar con 48 persoas máis para distribuír entre os grupos de toda Galicia que no seu momento foron concibidos como SubGES con 6, 9 ou 10 membros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na provincia de Lugo esta medida aplicaríase no GES de Quiroga e Folgoso do Courel, que na actualidade conta con 6 integrantes en cada unha das subsedes. Para a provincia de Lugo proporase ademais unha reconfiguración do mapa de emerxencias de varios grupos para optimizar a atención e ofrecer un menor tempo de resposta que o GES da Montaña Oriental con sede en Baleira.

Así, considérase que A Fonsagrada como sede deste grupo permitiría atender a máis poboación en menos tempo e abarcaría este grupo tamén aos concellos de Baleira, Negueira de Muñiz e Ribeira de Piquín. O concello de Pol incluído nun principio neste GES pasaría a ser atendido polo de Mariña Central e Oriental con base na Pontenova, do mesmo xeito que o de Castroverde integraríase no dos Ancares-Lugo-Sarria con sede en Becerreá.

Por outra parte, prevese actualizar os custos salariais dos efectivos co obxectivo de adaptalos ao custo real dos GES na actualidade, tendo en conta o aumento desde que asinou o primeiro convenio entre a Xunta, as deputacións e os concellos en 2013.

Deste xeito, tendo en conta que a Xunta financia máis da metade do custo dos GES, estas cuestións suporán un incremento de máis de 1,5 millóns de euros anuais na aportación por parte do Goberno galego que podería financiarse a través do Fondo de Cooperación Local (FCL) aumentando a partida dedicada aos servizos de emerxencia.

Con esta proposta da Xunta, pasaríase a 35 GES e 4 servizos municipais actuais. Os GES estarían conformados por un total de 474 efectivos, dando cobertura a 189 concellos galegos.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...