HomesociedadeBancos do peregrino e Samaín online no Saviñao

Bancos do peregrino e Samaín online no Saviñao

O concello do Saviñao organiza un concurso online de fotografía para celebrar o Samaín. As imaxes gañadoras recibirán 50€ para gastar no comercio local.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello do Saviñao instala bancos do peregrino en distintos lugares do municipio. Coa iniciativa financiada polo Consorcio de Turismo da Ribeira instaláronse cinco bancos nos lugares de A Barxa, San Mamede, Montecelo, Diomondi e Belesar.

O Saviñao prepara ademais a celebración do Samaín cun concurso online de fotografías. O concurso destínase ás persoas de menos de 16 anos, que deben de enviar un máximo de 3 fotografías antes do 31 deste mes ás 20.00, ao correo concelleriadecultura@concellodosavinao.net. No correo incluiranse nome e apelidos, idade, dirección, teléfono e autorización para a publicación das fotografías. O día 1 de novembro publicaranse as fotografías no facebook do concello e as que máis “Me gusta” reciban antes do día 5 ás 14.00 horas serán as gañadoras do cada categoría; establec´éndose unha categoría para disfaces e outra para cabazas. Coas fotografías restantes un xurado seleccionará a mellor por cada categoría. Os gañadores recibirán 50€ para gastar no comercio local.

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...