Homesociedade'Saborea o outono' na finde de Santos

‘Saborea o outono’ na finde de Santos

O día 31 remata esta campaña que impulsa a Delegación Zona Sur da Asociación Provincial Empresarios Hostalería e Turismo de Lugo para incentivar o consumo de produtos de tempada na hostalería local.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A hostalería monfortina afronta a derradeira fin de semana da campaña ‘Saborea o outono’, na que se convida ao consumo de produtos propios da tempada.

Dende o establecemento MON explica Montse, opinando sobre a campaña, que “a campaña axudounos un pouco a que a xente se animara a vir a probar e a pensar máis nos produtos de outono, nos produtos de tempada”. Está contenta con esta iniciativa e comenta tamén que estes días está funcionando moi ben. “A ponte está indo xenial, eu que teño un hostal pequeniño teño un 80% de prazas ocupadas”, comenta.

Ese establecemento está especializado en doces artesáns, ofrecendo estas semanas uns biscoitos espectaculares, e toda a hostalería en xeral esforzouse tamén para ofrecer produtos de calidade, traballando especialmente o produto de outono.

Beatriz Vila, responsable da campaña, amosa tamén a súa satisfacción por como está saíndo todo e agradece a implicación da hostalería local durante estas fins de semana.

O pasado 14 de outubro comezaba a campaña “Saborea o Outono” que organiza a Delegación Zona Sur da Asociación Provincial Empresarios Hostalería e Turismo  de Lugo. Campaña que está a ofrecer os manxares do outono en 23 dos establementos asociados que participan da iniciativa.

ÚLTIMAS

Xornada cultural dedicada á ‘Bruxa de Torbeo’

Filomena Arias, coñecida como "A Bruxa de Torbeo" é unha figura popular que marcou a...

Unha aula informatizada no Multiusos de Monforte acollerá os exames teóricos do carné de conducir

O alcalde asegura que deste modo dáse resposta a unha demanda das autoescolas locais...

SEA e o Concello de Chantada abordan a ampliación do Polígono despois da venda da última parcela

Beatriz Sestayo, xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, asina na notaría de Chantada dúas...

Aberto o prazo para solicitar bolsas para deportistas individuais de Monforte

O prazo de presentación de solicitudes estenderase durante 10 días hábiles a contar desde...