HomeComarca de SarriaParadelaEscape Way en Samos, Triacastela e Paradela

Escape Way en Samos, Triacastela e Paradela

A iniciativa The Escape Way desenvolverase en seis concellos do Camiño Francés da provincia de Lugo, O Cebreiro, Samos, Triacastela, Paradela, Portomarín e Monterroso.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Cada un dos concellos participantes contará co seu propio xogo, dispoñible a través dunha aplicación de descarga gratuíta. Conxuga a plataforma tecnolóxica con elementos físicos, de forma que só é posible xogar sobre o terreo. O obxectivo é que os visitantes percorran as rúas e se acheguen ao patrimonio e aos lugares de interese mentres resolven o enigma proposto.

Todos os xogos son distintos, con diferentes probas creadas expresamente con elementos propios do concello, polo que cada caso resulta unha experiencia única. Ofrecen contidos en varios formatos, como vídeos, fotografías, textos, ilustracións ou locucións e están deseñados para unha duración aproximada de entre 40 e 90 minutos.

O delegado territorial gabou a proposta e subliñou que “resulta atractiva para persoas de todas as idades e moi especialmente para os máis novos, facilitando unha aprendizaxe lúdica da historia e da cultura da ruta xacobea”.

A Asociación de Municipios do Camiño de Santiago, promotora da iniciativa, é unha entidade sen ánimo de lucro constituída por máis dun cento de municipios españois no Camiño Francés, nos que está a estender esta alternativa tecnolóxica de lecer e de promoción da ruta.

ÚLTIMAS

Graduación do alumnado de Formación Profesional no IES Francisco Daviña Rey

Durante o acto de graduación celebrado no IES Francisco Daviña Rey tivo lugar a...

Pantón ten prazo de inscrición aberto para os Campamentos de Verán e presenta a programación cultural da época estival

O Concello de Pantón presenta as actividades que a Concellaría de Cultura programa para...

O delegado do Goberno en Galicia destaca en Sarria o funcionamento da campaña “Non Camiñas Soa”

A campaña lévase a cabo desde o ano 2021 para reforzar a protección das...

O PSdeG de Sarria reclama ao Goberno local que informe de inmediato ao sector sobre a situación do matadoiro

O voceiro socialista en Sarria, Benjamín Escrontela criticou que o Goberno local de Claudio...