HomesociedadeSinalizados a ruta e o castro de Penadominga

Sinalizados a ruta e o castro de Penadominga

Sinalizada a ruta circular para acceder ao Castro de Penadominga aproveitando un antigo camiño que unía Bendollo con Vilar de Mondelo a ruta foi acondicionada este verán polo Campo de Traballo da Xunta de Galicia e a brigada de incendios.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Con cargo ao Plan de Sostibilidade do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, colocáronse sinais de dirección de madeira desde Vilar de Mondelo e desde Bendollo, xa que se pode acceder dende os dous núcleos. Ademais, con fondos Leader do GDR Ribeira Sacra-Courel, colocouse unha interpretación do xacemento na zona do castro de Penadominga.

A ruta que pode visitarse no perfil de Wikiloc do Concello de Quiroga ten unha distancia de 5,74 quilómetros de dificultade técnica moderada, que ademais de achegarse ata o  xacemento castrexo permite gozar dunhas magníficas vistas do val do río Sil. Dende esta ruta pódense ver tres alvarizas, testemuñas dunha intensa labor apícola na zona.

O castro de Penadominga reafírmase como un dos lugares de maior interese arqueolóxico do municipio, segundo o arqueólogo, Iván Álvarez Merayo, director dos traballos realizados polo campo de traballo nestes anos. O antigo asentamento, posiblemente levantado entre os séculos IV e V, conta cun  sistema defensivo formado por catro fosos.

O terreo foi escavado, aterrazado e recheo con terra e escombros a fin de acondicionar as superficies para asentar as construcións, algo que desapareceu xa que agora só queda  a “croa” ou recinto central.

Os materiais e as técnicas construtivas do castro correspóndense  cronolóxicamente, como remarca o arqueólogo, con algunhas pezas que están depositadas no Museo Provincial de Lugo desde a década de 1950 e que supostamente proceden deste xacemento.

ÚLTIMAS

Ouro de Quiroga e EDV 2015 triunfan no certame CINVE 2026

O pasado xoves entregáronse en Madrid os premios da 22ª edición do CINVE para...

O RadioVisual do Patrimonio emitiu desde A Seara coa Fundación Legar e alumnado do CEIP de Quiroga

O Centro de Interpretación da Música de Raíz localizado na aldea da Seara é,...

O IES Lama das Quendas de Chantada estrea novo auditorio

Acompañaron ao conselleiro a xefa territorial de Educación da Xunta en Lugo, Sagrario Sánchez,...

A conselleira do Medio Rural falou no Círculo Saviñao sobre o futuro do agro galego

A conselleira detallou que en primeiro lugar está conseguir que o rural siga sendo...