HomesociedadeRegulación do tráfico nas rúas Corredoira e Roberto Baamonde de Monforte

Regulación do tráfico nas rúas Corredoira e Roberto Baamonde de Monforte

O Concello de Monforte informa sobre a regulación do tráfico nas rúas Corredoira e Roberto Baamonde por obras de mellora nos seus firmes que se levaran a cabo dende o martes día 9 na rúa Corredoira, e dende o mércores 10 en Roberto Baamonde, sempre que a climatoloxía o permita.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

En ambas rúas, o tráfico será debidamente ordenado segundo o dispositivo que organice e estableza a Policía Local, a través de itinerarios alternativos debidamente sinalizados, a fin de propiciar o tránsito de vehículos de forma axeitada.

No caso da rúa Corredoira, esta regulación do tráfico afectará dende a rúa Santa Clara ata Irmáns da Pena. No que se refire ós accesos ó Hospital, a entrada e saída estará perfectamente habilitada.

Polo que respecta á rúa Roberto Baamonde, a Policía Local establecerá un plan de tráfico específico para regular a circulación de vehículos, debido a que é unha das rúas máis transitadas da cidade.

A Policía Local de Monforte procedeu a colocar carteis informativos sobre estas actuacións na rúa Corredoira, co obxectivo de informar ós veciños para que procedan a retirar os seus vehículos das zonas de aparcamento antes do inicio das obras. No caso da rúa Roberto Baamonde, comezarán a colocar ditos carteis dende mañá domingo.

As obras que se levarán a cabo nestas dúas rúas foran anunciadas polo Alcalde hai unhas semanas, dentro dos 10 proxectos de mellora que significan obras en rúas, vías e camiños de titularidade municipal, tanto do eido urbano como rural de Monforte, e que alcanzan, en total, o medio millón de euros.

As actuacións na rúa Corredoira teñen un investimento de 47.000 euros e as de Roberto Baamonde supera os 70.000 euros. “Roberto Baamonde é unha das rúas máis transitadas da cidade, que comunica o centro coa zona da Estación, a saída cara Pobra de Brollón e tamén cara á N-120, polo que, é unha rúa que axuda a conformar a imaxe da nosa cidade e a vertebrar a trama urbana. Por iso, debemos mantela en bo estado, algo que faremos con estas obras de mellora que estamos a piques de iniciar”, subliñou o Alcalde, José Tomé Roca. O prazo de execución previsto para esta obra no proxecto inicial era de 14 días hábiles, pero se o tempo o permite, dende o Concello e a empresa que executará as obras, estímase que se poderían reducir os prazos a unha semana

ÚLTIMAS

O delegado do Goberno en Galicia destaca en Sarria o funcionamento da campaña “Non Camiñas Soa”

A campaña lévase a cabo desde o ano 2021 para reforzar a protección das...

O PSdeG de Sarria reclama ao Goberno local que informe de inmediato ao sector sobre a situación do matadoiro

O voceiro socialista en Sarria, Benjamín Escrontela criticou que o Goberno local de Claudio...

Intensa actividade promocional da D.O. Ribeira Sacra

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra impulsa este mes de xuño unha destacada...

“Non me gusta o fútbol moderno e non me gusta o VAR!”, ‘Chura’, exadestrador do C.D. Brollón

Juan Carlos Gallardo Martínez, coñecido popularmente como ‘Chura’, rematou a tempada como adestrador do...