HomesociedadeC@urel Vivo demanda ao concello que habilite zonas de aterraxe de helicópteros...

C@urel Vivo demanda ao concello que habilite zonas de aterraxe de helicópteros en cada parroquia

C@urel Vivo pídelle ao concello que a Xunta cumpra cos servizos sanitarios no Courel e que a administración local habilite unha zona de aterraxe, cando menos en cada parroquia "xa que 10 minutos pode ser a diferenza entre vivir ou morrer".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde C@urel Vivo aseguran que no Courel son habituais os problemas para aterraxe de helicópteros, “No século XXI e non ter varios puntos xeolocalizados, que servan  para aterraxe e urxencia; é por unha pasividade total do Concello. Temos un heliporto de 154 mil€ que non serve para iso e recentemente tiveron que aterrar nun lameiro a kilómetros para un paciente.”

C@urel Vivo asegura que a última obra  para emerxercias no concello foi a da Área recreativa e heliporto en Seoane, “Gastáronse 154.500€ e non serve para o que foi deseñado, xa que ten un vaiado tan alto que os pilotos dos helicópteros non poden aterrar nel.”

Partindo da base de que a saúde debería de ser o primeiro, C@urel Vivo esixe ao concello que retire a altura deste vaiado e o deixen para non estorbar ante futuros aterraxes de emerxencias. “Tampouco é normal que a camilla e persoal médico teña que ser transladado desde o lugar de aterraxe ó Centro de Saúde nunha furgoneta particular dun veciño,” insisten desde C@urel Vivo,  polo que pediranlle ao concello que a Xunta cumpra cos servizos sanitarios no Courel e que a administración local habilite unha zona de aterraxe, cando menos en cada parroquia “xa que 10 minutos pode ser a diferenza entre vivir ou morrer”

ÚLTIMAS

Cor verde para conmemorar o Día Mundial do Cancro

Este mércores, na rúa Cardeal de Monforte celebrouse o acto central da programación do...

María José Gómez presenta en Chantada uha convocatoria “histórica” do programa Leader

Durante a visita, a conselleira explicou que proxectos coma o de Efigalia Energy exemplifican...

Seguen os martes de loita polo ensino no CEIP de Sober

Este martes as familias que teñen aos seus fillos/as escolarizados no colexio de Sober...

Este 5 de febreiro preséntase na Casa da Cultura de Chantada, “Todo por hacer” da xornalista Julia Varela

A autora, con máis de dúas décadas en RTVE e coñecida por ser a...