HomesociedadeXornadas micolóxicas no Saviñao

Xornadas micolóxicas no Saviñao

Ademais dunha saída ao monte para coller cogomelos, a xornadada inclúe un atractivo showcooking a cargo do chef monfortino Manuel Fernández Pérez, do restaurante Manuel Bistró.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Será a segunda edición destas xornadas micolóxicas que organiza o Concello do Saviñao e terán lugar o vindeiro domingo 14 de novembro.

Esta actividade de outono dará comezo cunha saída, ás dez e media da mañá, dende a Casa do Concello. O obxectivo da mesma é ir ao monte para recoller cogomelos da man dun guía experto en micoloxía que ofrecerá información detallada aos presentes.

A continución, sobre as doce e media, dará comezo un showcooking na ludoteca a cargo de Manuel Fernández Pérez, coñecido por ser o chef do restaurante monfortino ‘Manuel Bistró‘. O obradoiro centrarase no cociñado de diferentes variedades de cogomelos.

A xornada é gratuíta e as prazas, limitadas, serán preferentes para os e as empadroados/as no Saviñao.

Os interesados e interesadas poden informarse ou inscribirse na Casa do Concello ata o venres 10 de novembro ou a través do teléfono 982 45 20 61.

Cartel

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...