HomesociedadeEn marcha as melloras das rúas Corredoira e Roberto Baamonde de Monforte

En marcha as melloras das rúas Corredoira e Roberto Baamonde de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, supervisou as actuacións de mellora que se están a levar a cabo na rúa Corredoira, ás que o concello destina 47.000 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os traballos de mellora do firme da rúa Corredoira, concretamente nun tramo de 290 metros, están sendo executados pola empresa Ovisa. As obras abarcan o tramo que vai dende o inicio da mesma, na rúa Santa Clara, ata o seu encontro coa rúa Irmáns da Pena, xusto antes do acceso ó recinto do Hospital Comarcal.

“Esta nova actuación na rede viaria municipal enmárcase dentro dos 10 proxectos de mellora que dimos a coñecer o pasado mes de xuño e que significan obras en rúas, vías e camiños de titularidade municipal, tanto do eido urbano como rural de Monforte, e que alcanzan, en total, o medio millón de euros”, recordou o Alcalde.

O Concello decidiu acometer o arranxo desta vía urbana municipal debido a que presentaba un firme asfáltico con numerosas irregularidades e baches.

En Roberto Baamonde as actuacións consisten na reposición da capa de rodadura deste vial urbano, ó longo de 810 metros lineais, e na renovación da súa sinalización horizontal e vertical. O orzamento ascende a máis de 74.000 euros.

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...