HomesociedadeOs Lactouros promove a educación ambiental nos colexios monfortinos

Os Lactouros promove a educación ambiental nos colexios monfortinos

A Asociación Micolóxica Os Lactouros promove a educación ambiental e o coidado do medio natural nos centros de ensino de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Grazas á colaboración co Concello de Monforte, o CEIP A Gándara e o CP Torre de Lemos o presidente da asociación, Carlos Pérez, ofreceu sendas charlas de concienciación nestes centros educativos para mostrarlle ao alumnado a importancia e valor da natureza e do monte.

Respondendo aos obxectivos da asociación micolóxica, tratou especialmente todo o relacionado co mundo dos fungos: desde as funcións que desenvolven no monte, a súa relación co resto de seres vivos e as principais especies comestibles e tóxicas.

As xornadas foron acompañadas dunha saída ao monte cos rapaces e rapazas para que puideran poñer en práctica o aprendido nas charlas.

ÚLTIMAS

Monforte licita o PXOM por 859.100€ e un prazo de execución de 60 meses

Co envío do anuncio de licitación ábrese o procedemento de contratación e o prazo...

O CCU de Monforte avanza na súa continuidade ao coñecer a posibilidade dunha candidatura á directiva

O interese expresado durante a asemblea, xunto co trasladado por teléfono por outros socios,...

Plácida Pérez Pazos, nova centenaria en Sober

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, achegouse este venres 30 de outubro a...