HomesociedadeMelloras na conexión entre A Pobra de San Xiao e O Páramo

Melloras na conexión entre A Pobra de San Xiao e O Páramo

A Xunta de Goberno aproba novas obras para mellorar a rede provincial de estradas cun investimento de medio millón de euros. Na zona sur destacan actuacións en dous treitos da LU-P-4304. que conecta A Pobra de San Xiao co Páramo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na LU-P-4304 da Pobra de San Xiao ao Páramo, a Deputación adxudicou por preto de 300.000€ obras en dous treitos, o que vai do punto quilométricos 5,200 ao 5,435 e outro, de máis dun quilómetro, no punto no que esta estrada enlaza coa N-VI ao seu paso por Conturiz.

O proxecto inclúe os traballos de movemento de terras e drenaxe, pavimentación con aglomerado, e dotación de beirarrúas e pasos de peóns. Tamén se pintará a calzada mediante marcas reflexivas brancas e instalarase alumeado público. O prazo de execución é de 6 meses.

Tamén se adxudicou a dotación da lavandería ó Centro de Atención a Maiores de Navia de Suarna. A previsión é que no vindeiro ano 2022 estean en funcionamento as residencias de Navia de Suarna e Ribas de Sil.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...