Homesociedade“Monforte e Lugo estamos máis cerca da capital do Estado", Tomé Roca

“Monforte e Lugo estamos máis cerca da capital do Estado”, Tomé Roca

O Alcalde de Monforte e Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este luns na viaxe de proba do AVE Madrid-Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O tren, que partiu de Madrid dende a estación de Chamartín ás 8:45 horas, efectuou paradas en Zamora e Sanabria. Nesta última foi na que se sumou o Presidente da Deputación. O traxecto rematou en Ourense cun acto institucional. A Ministra anunciou que mañá comézanse a comercializar os billetes para operar partir do 21 de decembro.

José Tomé expresou que este “é un fito para Galicia. A chegada do AVE supón corrixir un déficit histórico en comunicacións ferroviarias no noso país, que estivo acentuado polos gobernos do Partido Popular, que chegaron a anular o contrato da Estación Intermodal de Lugo ou deixaron caducar a declaración de impacto ambiental da variante de Canabal que xa estaba iniciada”. En cambio, incidiu o Alcalde, “agora si hai uns feitos. O Goberno actual colocou outra vez a Galicia no mapa das infraestruturas”.

Coa chegada do AVE a Ourense, destacou, “Monforte e Lugo estamos máis cerca da capital do Estado e agora toca executar os contratos que a día de hoxe están en marcha por un investimento de máis de 546M€, que van a mellorar a vía ferroviaria Ourense-Monforte-Lugo, para que permitan chegar a Madrid no mesmo tempo que A Coruña e que Vigo, un obxectivo realmente importante”.

O rexedor monfortino subliñou que co AVE xa se melloran os tempos de viaxe de Lugo a Madrid, acortando 57 minutos a duración do traxecto, e que aumenta tamén a conectividade co centro peninsular cun incremento dos servizos. No caso de Lugo haberá un novo servizo diario por sentido, pasando dos tres actuais a catro.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...