HomesociedadeO 25 de novembro volven as xornadas micolóxicas dos Lactouros

O 25 de novembro volven as xornadas micolóxicas dos Lactouros

A Asociación Micolóxica Os Lactouros retoma as tradicionais xornadas de Novembro sobre os cogumelos. O ano pasado non puideron organizarse por mor da pandemia e da situación de transición que se produciu ao coller a directiva un grupo de xente nova pero que está a contar coa axuda de veteranos e veteranas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este ano organízanse en colaboración co Ateneo Casino dúas charlas con profesores expertos en micoloxía, abertas a toda persoa que queira asistir e un xantar degustación cun prezo de 20 euros para socios/as e 25 euros para non socios/as.

A primeira charla será o Xoves, 25 de novembro, no propio Ateneo Casino ás 20:30. Será impartida por Jaime Blanco quen realizará unha introducción á micoloxía. A segunda charla no Ateneo será o Venres, 26 de novembro, ás 20:30. Será Julián Alonso quen falará das novedades na clasificación do xénero Boletus, explicando e describindo os novos xéneros e parte das especies que se describen actualmente dentro do concepto clásico de Boletus.

O xantar-degustación será o sábado 27 no Restaurante Abadía San Simón.

Para asistir ás actividades é necesario anotarse previamente no teléfono 648 435 033, preferiblemente vía whatsapp.

Instalarase unha mesa exposición con distintas especies de cogomelos silvestres debidamente identificados para familiarizarse coas principais especies. Desde a Asociación pídese aos socios e socias de antes do ano 2020 que se poñan de novo en contacto coa nova directiva debido á necesidade de actualizar todos os contactos.

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...