HomesociedadeOficina Agraria Móbil en Sarria mentres se mellora a Oficina Comarcal

Oficina Agraria Móbil en Sarria mentres se mellora a Oficina Comarcal

A Consellería do Medio Rural vén de iniciar esta semana obras de mellora na Oficina Agraria Comarcal de Sarria, nas que inviste 48.400 euros para actuar principalmente na fachada e na planta baixa, onde está a zona de atención ao público.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os traballos favorecerán a accesibilidade mediante a ampliación da rampla de entrada para adecuala á normativa actual e inclúen a instalación de portas de apertura automática.

Co fin de mellorar a eficiencia enerxética actuarase na envolvente térmica; substituiranse carpinterías exteriores e dotarase a planta baixa dun sistema de ventilación. Tamén se reforzará a instalación eléctrica, entre outros traballos.

Entre tanto a Xunta despraza a Sarria unha Unidade Móbil da Oficina Agraria para seguir prestando servizo. Polo momento ubícase no campo da feira. A Xunta puxo en marcha esta unidade como un elemento máis da rede de oficinas agrarias espalladas por todo o territorio galego, polo que todas as instalacións físicas actuais permanecerán abertas. O novo dispositivo servirá para cubrir as necesidades xurdidas naqueles emprazamentos onde por mor das obras non se poida acceder ás oficinas agrarias comarcais físicas, a maiores do seu cometido principal de desprazarse aos lugares onde non existen este tipo de instalacións.

ÚLTIMAS

Mans artesás, un programa para impulsar a artesanía na provincia

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en marcha un nova iniciativa de promoción...

A pregoeira da Festa do Caldo de Ósos de Taboada enxalza as súas propiedades curativas, “Estamos mellor ca nunca”

Mercedes Vázquez lembrou como a iniciativa naceu da asociación cultural O Carballo e pronto...

Medio Rural destaca as agrupacións forestais de xestión conxunta para evitar o abandono do monte

A conselleira que tamén estivo acompañada polo alcalde do Incio, Héctor Manuel Corujo, destacou...

O BNG de Pantón reclama ao Congreso solucións á situación de Santo Estevo do Sil

Desde o BNG consideran necesario solucionar os accesos a Santo Estevo do Sil e...