HomesociedadeReúnese a Mesa de Coordinación para a atención ás vítimas de violencia...

Reúnese a Mesa de Coordinación para a atención ás vítimas de violencia de xénero no sur de Lugo

O Centro Cívico de Monforte acolleu, co gallo do 25N, a celebración dunha nova sesión da Mesa de Coordinación para a mellora da atención a vítimas de violencia de xénero.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Mesa de Coordinación para a mellora da atención a vítimas de violencia de xénero ten como finalidade garantir, fomentar e implementar accións e formulas preventivas xunto cunha atención integral de calidade ás vítimas. Compoñen a mesa profesionais de toda a comarca de Lemos que pertencen a distintas áreas de intervención: Social, Educativa, Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, Xustiza, Colexio de Avogados, Sanitarios,…

Todas as reunións da Mesa de traballo inicianse cunha sesión formativa que, nesta ocasión, versou sobre a As manifestacións da violencia de xénero. Normativa aplicablee foi impartida en liña por María Paz Filgueira Paz, Maxistrada especialista en violencia de xénero.

María Paz Filgueira é coordinadora da Comisión de violencia de Xénero dentro de dita asociación. Membro da comisión de estudos feministas do Consello da Cultura galega. Colabora coa administración pública autonómica para a formación en materia de violencia e de igualdade, tanto a funcionarios como a axentes de autoridade. Colabora tamén en xornadas relacionadas coa violencia de xénero, así como temas de igualdade en xeral, e con proxectos europeos sobre violencia sobre a muller e igualdade de trato así como proxecto  sobre prevención da trata de persoas con fins de explotación sexual .

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...