HomesociedadeCamiño da innovación fai parada en Monforte e Chantada

Camiño da innovación fai parada en Monforte e Chantada

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, salientou durante a parada de Camiño da innovación en Monforte de Lemos a importancia desta iniciativa para xerar unha cultura innovadora no tecido empresarial da Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Camiño da innovación axuda a identificar os proxectos de pequenas e medianas empresas que poden ter un percorrido a través da innovación para gañar competitividade. A iniciativa conta tamén coa experiencia de máis de 50 casos de éxito de pemes que están a competir en mercados internacionais. Na cita de Monforte contouse coa presenza de Codeor –empresa de Pereiro de Aguiar especializada na fabricación de calzado profesional e de farmacia–, A Man de Prado –unha adega de Sober pertencente á D.O Ribeira Sacra– e Mieles Anta, de Bóveda.

“A competitividade das pemes está directamente relacionada cos investimentos en innovación e, nese sentido, temos a responsabilidade de achegar as iniciativas en materia de deseño, de posicionamento da marca e de mellora de produto e procesos aos autónomos e pequenas e medianas empresas para que poidan diferenciarse e sigan tendo esa proxección dentro dos mercados”, explicou Francisco Conde.

Neste sentido, asegurou que a Ribeira Sacra, desde o punto de vista dos seus sectores produtivos, “ten unha enorme oportunidade para seguir proxectando novos proxectos vinculados coa innovación e a xeración de emprego”. Camiño da Innovación fai ruta por 18 concellos galegos, o programa chega este mércores, 1 de decembro, a Chantada.

Impulsar o emprendemento

Co ánimo de contribuír a este fomento da cultura innovadora no tecido empresarial, sobre todo do rural, e trasladar as oportunidades que presenta a innovación para transformar e a emprender un proxecto de negocio, a Xunta de Galicia implantará unha rede de coworkings no primeiro trimestre de 2022.

Dos tres espazos que acollerá a provincia de Lugo, un desenvolverase na Ribeira Sacra, tendo a súa sede en Monforte, onde o programa xa colaborou no desenvolvemento de 85 proxectos nesta comarca ­­–no conxunto da provincia foron 192 as iniciativas apoiadas–.

Así mesmo, o Goberno galego tamén impulsa o programa de axudas Galicia Emprende, que o ano pasado axudou á posta en marcha de catro proxectos empresariais na provincia de Lugo, os cales mobilizaron 1,9 millóns de euros e permitiron a creación de 27 postos de traballo.

ÚLTIMAS

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...