HomesociedadeCancelada a 'Festa da Pisa'

Cancelada a ‘Festa da Pisa’

A Asociación Fonte do Milagro vén de anunciar que non se celebrará a XXII edición deste tradicional encontro etnográfico-gastronómico.

Publicado o

- Advertisement -

A situación xeral da covid19 nestas últimas semanas, con tendencia ascendente no número de contaxios, impedirá que a ‘Festa da Pisa’ poida celebrarse o vindeiro domingo 5 de decembro en Froxán.

A Asociación Fonte do Milagro comunicaba na mañá de hoxe a decisión de suspender a celebración deste ano, tanto da Festa da Pisa como da demostración de Aserrado, por prudencia e diante da situación pandémica actual.

Este medio falou tamén coa alcaldesa de Folgoso do Courel, Dolores Castro, quen nos dixo ser coñecedora da decisión e estar totalmente dacordo con ela. “É o máis prudente nestes momentos”, comentou.

Dende a Asociación Fonte do Milagro comentan tamén que se procederá á devolución dos cartos daquelas persoas que tiveran feito xa a reserva do ‘Menú do Pisador’.

ÚLTIMAS

O CCU de Monforte sen candidaturas para renovar a Xunta Directiva

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte de Lemos vén de comunicar que, rematado...

636.334€ e 4 meses de prazo de execución para a fonte do Parque dos Condes

O procedemento de contratación abriuse o pasado mes de outubro coa licitación do contrato,...

Seis comercios da Comarca de Sarria melloran a súa competitividade con axudas da Xunta

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou en Sarria a tenda...

Comeza a montaxe do equipamento deportivo do novo Ximnasio da Pinguela

Este luns, 26 de xaneiro, comezaron os traballos de montaxe do equipamento deportivo do...