HomesociedadeFolgoso do Courel convoca a licitación da construción da Área Fluvial de...

Folgoso do Courel convoca a licitación da construción da Área Fluvial de Mogoxe

O obxectivo da área recreativa de Mogoxe é, segundo lembran no Concello, consolidar o atractivo turístico de Folgoso do Courel e ampliar a oferta dispoñible tanto para a veciñanza como para os visitantes, baseada na natureza e o patrimonio etnográfico.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Pleno do Concello de Folgoso do Courel acordou este mércores, 1 de decembro, en sesión extraordinaria e a proposta da Alcaldía, aprobar a memoria xustificativa e o expediente de contratación da obra de ‘Construción da Área Fluvial de Mogoxe’, convocando a súa licitación.

Tamén se aprobou o gasto correspondente, que ascende a 375.618,25 euros, dos que 150.000 euros proceden da Axencia Galega de Turismo e 150.000 euros da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. A contía restante correspóndelle ao Concello de Folgoso do Courel.

Aprobáronse ademais os Pregos de Cláusulas Administrativas Particulares, así como o proxecto que servirá de documento de prescricións técnicas que rexerán o contrato. Tamén se vai publicar no perfil de contratante o anuncio de licitación e toda a documentación integrante do expediente de contratación.

A Corporación aprobou na mesma sesión e tamén a proposta da Alcaldía un expediente de modificación de crédito, coa modalidade de suplemento de crédito, financiado con cargo ao remanente líquido de Tesourería resultante da liquidación do exercicio anterior para acometer o proxecto de Mogoxe por un importe de 49.642,93 euro. As propostas de Alcaldía saíron adiante co voto a favor do equipo de Goberno, a abstención do PSOE e o voto en contra de Courel Vivo.

ÚLTIMAS

A Oficina de Turismo de Chantada incrementa nun 10,5% os visitantes durante o verán

A Oficina Municipal de Turismo de Chantada despide a tempada de verán 2025 superando...

Aprobado o proxecto do trazado da última fase da autovía que une Lugo e Sarria

O Consello deu luz verde ao proxecto e ao estudo de impacto ambiental no...

CIG Saúde alerta da situación do servizo de pediatría no Hospital de Monforte

Aseguran desde CIG Saúde que levan meses denunciando a falta de man esquerda da...

A sostibilidade do turismo en Galicia: os riscos da turismofobia

O encontro ten por obxecto abrir un diálogo técnico, baseado en datos e achegas...